martes, 4 de outubro de 2016

Constituído o Comité de Empresa


O pasado 30 de setembro de 2016 tivo lugar nas instalacións da empresa a primeira xunta ordinaria do Comité de Empresa, máximo órgano de representación dos traballadores e das traballadoras de Talleres Reunidos SA, e que segundo os resultados das últimas Eleccións Sindicais está formado polos seguintes membros:
  • Presidente: Mario José García Anido (CIG).
  • Secretaria: Silvia Rodríguez Naya (CIG).
  • Vogal: Joaquim Barbosa Araujo (CIG).
  • Vogal / delegado de prevención: Marcos Brandón Rodríguez (CIG).
  • Vogal / delegado de prevención: Francisco Brandón Vázquez (UGT).
Na reunión aprobouse o regulamento do Comité e acordáronse unha serie de cuestións, entre elas facilitar o teléfono 647 461 272, o correo electrónico comitettrr@gmail.com asi como a web comitettrr@blogspot.com para permitir unha comunicación áxil e fluída do Comité co conxunto dos traballadores, e ao mesmo tempo facilitar a comunicación anónima e segura dos problemas que puideran xurdir nos equipos. Asi mesmo, nas próximas datas instalaranse paneis informativos do Comité nos principais centros de traballo, e solicitaremos á empresa un local para uso do Comité.

Se tes calquera problema, dúbida ou suxerencia contacta co Comité de Empresa ou calquera dos seus membros en persoa ou ben polos medios que facilitamos. Estamos para axudar e mellorar as cousas.